domingo, 11 de enero de 2015

ÍNDICE DO BLOGUE

Para facilitar o uso do blogue CURSO BLOG CRA CULLEREDO, poderase usar este índice:
Só é preciso premer na palabra en negrita para entrar no apartado correspondente.

 PRINCIPAL ou MENÚ
1. CONTA: como crear unha conta para asociarlle un blogue.
2. BLOGUEAMOS: os primeiros pasos do BLOGUE.
3. DESEÑO: cómo se organiza o blogue.
4. ENTRADAS: que son e cómo se crean
5. GADGETS: que son e cómo buscalos e insertalos
6. PÁXINAS: moito máis que unha soa folla principal
7. INSERTAR ou INCRUSTAR: cómo engadir información e aplicacións externas nas entradas.
RECURSOS: infinidade de recursos sepsrados por utilidades .

lunes, 1 de diciembre de 2014

ENTRADA DO BLOGUE

Imos crear unha entrada no blogue:
Antes editaremos cómo se publican as entradas dentro do apartado DESEÑO.




Tamén podemos limitar o número de entradas visibles, engadir ou quitar data, hora, as etiquetas, botons para compartir, etc.



Para crear unha nova entrada prememos como indica a imaxe


E atoparemos esto na pantalla




Por defecto as entradas aparecen na páxina principal, que se chama dese xeito tamén por defecto. No noso chámase só PRINCIPAL, xa que lle modificamos o nome.





A cada entrada é preciso poñerlle un TAG ou ETIQUETA, é moi importante para poder logo atopar a información xa que sirve como índice:


Podes elexir cómo queres que se vexan as etiquetas:
para iso tes qe ir a DESEÑO de novo. E premer en engadir un GADGET



Ábrese unha pestana e baixamos polo lateral co cursor ata atopar  ETIQUETAS



Escollemos como queremos que se chame: ETIQUETAS; PALABRAS CHAVE,  ATOPA...e o xeito de que se vexan.


Tras gardar queda engadido aos nosos GADGETS e como tal o poderemos mover para ordealo sempre que o precisemos entrando en DESEÑO.


 Baixo a entrada adoitan aparecer os COMENTARIOS:
Para poder modificar o seu número, a súa aparición, verificación, etc. deberá irse a CONFIGURACIÓN- ENTRADAS Y COMENTARIOS.


 Por outra banda se o que queremos e modificar ou eliminar os COMENTARIOS que engadiron os seguidores, debemos ir a COMENTARIOS.